
Os Reis Magos en Oímbra, nova da TVG.
07/01/2022
A Xunta construirá tres vivendas protexidas de madeira en Oímbra
15/02/2022O Concello de Oímbra asinou o Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía , o obxectivo fundamental consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando pola súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sustentable e alcanzable. Neste senso, levouse a cabo o proxecto de ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES), ó abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 Procedemento MT210A da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e cofinanciada pola UE a través do FEDER
A realización deste plans é un dos compromisos adquiridos polo concello DE Oímbra ao asinar O Pacto.
