
O concello de Oímbra levou a cabo a Elaboración do plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES)
28/01/2022
Anexo a resolución para a adxudicación de prazas para o curso 2022/2023 da Escola Infantil.
17/03/2022A Xunta de Galicia construirá tres vivendas protexidas de madeira no concello de Oímbra no marco dun proxecto piloto que busca impulsar novas promocións residenciais de carácter público nas que prime o uso de materiais sostibles e respectuosos co entorno.
Este foi o asunto central da reunión que mantiveron esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Ana Villarino, quen se amosou moi satisfeita coa elección do seu municipio para albergar a primeira experiencia deste tipo que impulsa o Goberno galego na Comunidade.
Pola súa parte, a responsable autonómica salientou a notable compoñente medioambiental do proxecto, no que, segundo explicou, a madeira será o material principal, aínda que tamén se empregarán outros igualmente respectuosos co medio e propios das construcións tradicionais galegas.
Neste sentido, Vázquez Mejuto incidiu en que con este proxecto piloto o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Axencia Galega da Industria Forestal perseguen un dobre obxectivo: por un lado, facilitar o acceso a unha vivenda de promoción pública (VPP) non só en grandes cidades, senón tamén en municipios de menor tamaño, e por outro, apostar pola aplicación de criterios de sostibilidade construtiva nas súas promocións.
A previsión do Goberno galego é poder licitar o contrato do proxecto destas tres VPP unifamiliares en Oímbra antes de que remate este primeiro trimestre.
Se os resultados son bos, a conselleira indicou que a Xunta baralla estender esta experiencia piloto a outros municipios galegos e, de feito, xa hai algún concello que ten amosado o seu interese por este tipo de vivendas protexidas.