Oímbra é un Municipio da Provincia de Ourense, que se encontra situado ao sureste de Galicia e tamén da Provincia. E limítrofe con Portugal; ten unha extensión de 71,9 km².

A súa situación xeográfica é: latitude 41º53´ Norte, lonxitude 7º28` Oeste; sendo a súa altitude de 419 metros sobre o nivel do mar.

O Concello de Oímbra está enclavado nun dos vales máis característicos e peculiares da provincia, o do río Támega. O curso de auga que o rega, baixa da Serra de San Mamede e corre cara o Douro, ao outro lado da fronteira.

Ao longo dos 71,9 km² de extensión coa que conta o Municipio, repártense as parroquias de Videferre, Bousés, A Granxa, San Cibrao, Oímbra, As Chás e, por último, Rabal. A capital reside en Oímbra, pertencente á Parroquia de Santa María de Oímbra.