Almorzos Saudables
Curso 2026/2027 · CEIP de Oímbra · Comeza o xoves 10 de setembro
- Lugar
- CEIP de Oímbra
- Inicio
- Xoves 10 de setembro de 2026
- Horario
- Desde as 8:00 h ata a entrada ás aulas
- Prezo
- GratuítoSen custo algún para o alumnado empadroado.
- Inscrición
- Previa, no ConcelloCo modelo de solicitude cuberto e asinado.
O programa
O Concello de Oímbra pon novamente en marcha durante o curso 2026/2027 o programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo denominado “Almorzos Saudables”.
Conscientes da problemática que supón en moitas familias os distintos horarios de pais e fillos/as á hora de comezar a xornada laboral e escolar, preténdese artellar un soporte para a conciliación da vida laboral e familiar, motivar o desenvolvemento de estilos de vida saudables entre os nosos nenos e nenas e optimizar os tempos extraescolares para o desenvolvemento de habilidades e capacidades de cara a unha mellora no éxito escolar.
Distribución das actividades
Benvida, acollida e control de todo o alumnado á entrada do centro. Almorzo san, equilibrado e acorde ao gasto enerxético que precisan nun día escolar: zumes, froita, leite, cacao, pan, aceite, galletas, etc.
Programa de actividades non regradas, de habilidades sociais e integración co contorno: lecturas, realización de tarefas escolares, xogos de mesa… sempre dentro do seu grupo de convivencia estable.
Acompañamento do alumnado ata a entrada á aula.
Como inscribirse
- Descarga o modelo de solicitude e cóbreo cos datos do pai, nai ou titor/a legal e os do neno ou nena.
- Indica se existe algunha alerxia alimentaria coñecida e marca se autorizas ou non a realización de fotografías e vídeos.
- Entrega o impreso asinado no Concello, en Avda. do Carregal, 3, de luns a venres de 8:15 a 15:15 h, ou na sede electrónica.
Dúbidas sobre o programa
Oficinas municipais
Avda. do Carregal, 3 · 32613 Oímbra · Luns a venres, 08:15 – 15:15 h
