A pista polideportiva do Pavillón Municipal conta cunhas dimensións de 46 x 26 m cun carácter operativo moi amplo.
Foi aberta ó público en 2011, aínda que a apertura oficial fíxose cando xa contaba con todo o equipamento, no ano 2013.
Esta pista está preparada para a práctica do fútbol sala, baloncesto, balonman e tenis.
O pavillón polideportivo está integrado polas seguintes equipacións:
- Pista con vestiarios e duchas independentes.
- Almacén de material.
- Catro bancadas nun lateral situadas en altura para o público.