Trátase dun proxecto socioeducativo, levado a cabo por profesionais especializados, no que os protagonistas son os /as nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, empadroados no concello de Oímbra.
O obxectivo fundamental é facilitar unha alternativa de ocio e lecer educativo de calidade nun entorno cercano, cómodo e sobre todo divertido, ao tempo, que se procura a conciliación da vida laboral e familiar.
Un día á semana reforzará a xornada un profesor/a de inglés, aplicando a 3ª lingua nos xogos, na clase, no almorzo...e tamén, un día á semana haberá clases impartidas por profesionais con actividades deportivas.
A IDEA ESTE ANO É CUMPLIR AS RECOMENDACIÓNS:
Falamos de integras as crianzas en grupos de 10, os cais estarán con actividades diversas ao longo da mañá
OBXECTIVOS:
- Ofrecer unha alternativa real e eficaz de ocio e tempo libre combinando a aprendizaxe, o xogo e a relación cos seus semellantes.
- Potenciar valores como a igualdade de mulleres e homes, o compañeirismo, a amizade e a cooperación, así como o sentido da responsabilidade individual e de grupo.
- Realizar xogos e actividades en contacto directo coa natureza, respectando a súa contorna e o medio natural.
- Traballar sobre os recursos, historia, tradicións e festas específicos do concello de Oímbra.
- Recoñecer a orixinalidade, a importancia e a beleza do seu Municipio.
- Desenvolver capacidades das nenas e dos nenos para promover a súa máxima autonomía.
- Fomentar a creatividade e a imaxinación.