Oímbra é un Municipio da Provincia de Ourense, que se encontra situado ao sureste de Galicia.
Limítrofe con Portugal, Situadas dentro dos seus 71,9 km² de extensión, encontranse as localidades de Videferre, Espiño, Bousés, Casas dos Montes, A Granxa, As Chás, Oímbra, O Rosal, San Cibrao, Rabal e O Terrón . A capital reside en Oímbra, pertencente á Parroquia de Santa María de Oímbra.
A súa situación xeográfica é: latitude 41º53´ Norte, lonxitude 7º28` Oeste; sendo a súa altitude de 419 metros sobre o nivel do mar. O territorio, no municipio de Oímbra intégrase nunha gran chaira aluvial pola que descorre o río Támega, formada sobre restos procedentes dos relevos circundantes que hoxe constitúen unha terra moi axeitada para o cultivo.
O Concello de Oímbra está enclavado nun dos vales máis característicos e peculiares da provincia, o do río Támega. O curso de auga que o rega, baixa da Serra de San Mamede e corre cara o Douro, ao outro lado da fronteira.
Oímbra, xunto cos municipios de Verín, Monterrei, Cualedro, Laza, Castrelo do Val, Riós, e Vilardevós, conforman un ámbito de orde superior que, se considerou o conxunto comarcal, cunha historia que xira entorno á fortaleza de Monterrei. Formando parte da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.