
A veciñanza de Oímbra deberá resintonizar o televisor a partir do 29 de setembro
28/09/2026
Emprego e mocidade
O Concello de Oímbra contrata unha persoa moza como peón de xardinería ao abeiro da Garantía Xuvenil
O Concello de Oímbra é beneficiario dunha subvención ao abeiro do procedemento TR350E, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
A actuación ten por obxecto favorecer a inserción laboral das persoas mozas mediante a súa contratación durante un período de nove meses, proporcionándolles unha experiencia laboral e práctica profesional que contribúa á mellora da súa empregabilidade.
No marco desta actuación, o Concello de Oímbra procede á contratación de 1 persoa como peón de xardinería (CNO 9512), para o desenvolvemento de tarefas de interese municipal.
Como resultado da operación preténdese facilitar á persoa contratada a adquisición de experiencia profesional, mellorar as súas competencias laborais e favorecer a súa posterior incorporación ao mercado de traballo.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.



