
O Concello de Oímbra contrata unha persoa ao abeiro do programa Garantía Xuvenil
08/10/2026
Medio ambiente
Oímbra recibe a Bandeira Verde de Galicia polo seu compromiso ambiental e co coidado da paisaxe
O distintivo da Xunta de Galicia chega nunha convocatoria récord, con 39 concellos galardoados en toda a comunidade.
O Diario do Támega publicou o pasado 21 de outubro unha información sobre a concesión da Bandeira Verde ao Concello de Oímbra, o distintivo co que a Xunta de Galicia recoñece o compromiso ambiental e o coidado da paisaxe das entidades locais.
«El Concello de Oímbra ha sido galardonado con la Bandeira Verde, un distintivo con el que la Xunta de Galicia reconoce el compromiso ambiental, la protección del paisaje y el cuidado del entorno por parte de las entidades locales. La concesión de este galardón se incluye en la convocatoria con mayor participación hasta la fecha, en la que se alcanzó el récord de 39 Bandeiras Verdes concedidas en toda Galicia».
A peza recolle tamén a asistencia da alcaldesa, Ana Villarino Pardo, ao acto institucional de entrega das distincións, así como as declaracións da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, sobre o aumento de solicitudes nesta edición.
Ler a información completa no Diario do Támega
Extracto reproducido con fins informativos, coa indicación da fonte e do autor. Os dereitos do texto e da fotografía pertencen ao Diario do Támega.



