
Oímbra recrea o pisado tradicional da uva nos lagares rupestres do Lagar de Xan Preto
11/09/2026
Aviso á veciñanza
A veciñanza de Oímbra deberá resintonizar o televisor a partir do 29 de setembro
As actuacións nos centros emisores da zona implican un cambio de canles: quen deixe de ver algunha emisora terá que facer unha nova busca automática no seu televisor.
A partir do 29 de setembro de 2026 levaranse a cabo actuacións nos centros emisores de televisión da zona como consecuencia da evolución tecnolóxica da Televisión Dixital Terrestre. Estes traballos implican un cambio de canles e, polo tanto, a necesidade de resintonizar o televisor para seguir vendo a programación habitual.
Se durante estes días deixa de ver algunha canle, non se trata dunha avaría do seu aparello: abonda con realizar unha nova sintonización automática. A operación pódese facer dende o propio mando a distancia e non require ningunha instalación nova nin cambiar de antena.
Como resintonizar o televisor
- Prema o botón Menú ou Settings do mando a distancia.
- Entre no apartado de Configuración, Sintonización ou Canles, segundo o modelo.
- Escolla a opción de busca ou sintonización automática de canles TDT.
- Agarde a que remate o proceso sen apagar o televisor e garde os cambios.
Nos fogares con varios televisores cómpre repetir a operación en cada aparello. Nos edificios con antena colectiva pode ser necesaria a intervención dunha empresa instaladora autorizada para adaptar a instalación ás novas frecuencias.
Para calquera dúbida, a veciñanza pode chamar ao Concello de Oímbra no 988 426 160 ou á Oficina da Televisión Dixital en Galicia, no teléfono 881 866 388. Hai máis información dispoñible en www.tdtgalicia.gal.



