
Movéndonos polos pobos: Zumba e Aqua Zumba percorren Oímbra este verán
24/07/2026
Educación e familia
O Concello de Oímbra abre o prazo para solicitar as axudas de material escolar e libros de texto do curso 2026/2027
As familias do alumnado de educación infantil, primaria e ESO poden presentar as súas solicitudes ata o 23 de outubro de 2026.
O Concello de Oímbra abriu o período de presentación de solicitudes das axudas para a adquisición de libros e material escolar correspondentes ao curso 2026/2027. A convocatoria, recollida no bando asinado pola alcaldesa, Ana M.ª Villarino Pardo, diríxese ao alumnado das etapas de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria (ESO).
O prazo para presentar as peticións permanecerá aberto dende o 7 de setembro ata o 23 de outubro de 2026, ambos incluídos. As familias interesadas en concorrer a esta convocatoria deberán tramitar a súa solicitude dentro dese período.
Con esta medida, o goberno municipal busca aliviar o gasto que supón para as familias o inicio do curso escolar e garantir que ningún neno ou nena do concello comece o ano académico sen o material necesario.
Para resolver calquera dúbida ou ampliar a información relativa á tramitación destas subvencións, o Concello de Oímbra habilitou o teléfono de atención 988 426 160 e lembra que todos os detalles se poden consultar na páxina web oficial, www.oimbra.gal.
Consultar as bases e o formulario
Elaboración propia a partir da información publicada por Diario do Támega e do bando municipal.




