
Obra IDAE 129-812
28/09/2021
Cursos gratuitos para maiores de 55 anos «uso dos teléfonos móbiles actuais»
08/10/2021O Concello de Oímbra vén de rematar as obras de renovación e mellora da accesibilidade ao núcleo de San Cibrao.
Cunha inversión de 48.000 euros, unha achega da Deputación Provincial de Ourense, os operarios da casa consistorial traballaron na mellora das beirarrúas e accesos á aldea, ademais da mellora do saneamento e abastecemento.
Tras meses de execución, o lavado de cara nas rúas de San Cibrao finalizou, quedando así, completada dita actuación.