
ENTREVISTA | Diario do Támega Fala con Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra, na semana da Feira do Pemento 2022
04/08/2022
O xantar da Feira do Pemento de Oímbra esgota entradas con 500 comensais
08/08/2022A 25ª edición da Feira da Pemento de Oímbra contou coa novidade dunha concentración de coches clásicos que acapararon moitas miradas. 35 vehículos con moita historia ás súas costas captaron o interese dos asistentes, grazas á colaboración do Amigos dos Clásicos da N-525 de Verín que quixo participar nesta xornada.
Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, agradeceu ó club polo seu interés en participar na súa feira amosando tan históricos vehículos, ós que calificou de «atractivo importante» desta edición. O colectivo tamén quixo manifestar o seu agradecemento hacia Villarino, a quen lle regalaron unha camiseta conmemorativa.
Os máis cativos tamén tiveron tempo para pasalo ben e desfrutaron a tope cos inchables que se instalaron para eles. Ademais, as piscinas municipais abriron ás 14:30 horas para aqueles que se quixeran refrescar despois dunha boa comida a base de pemento.