
Recreación do prensado nos Lagares Rupestres.
03/10/2022
Oimbra prensó la uva con la tradición del Medievo
09/10/2022O vindeiro domingo ás 12:00 horas, o Concello de Oímbra organizará unha nova recreación do prensado e pisado tradicional das uvas nos lagares rupestres, en concreto, no de Xan Preto. O evento, que conta coa colaboración do Inorde, foi presentado pola alcaldesa, Ana María Villarino; e polo presidente do organismo provincial, Rosendo Fernández.
Esta actividade e moitas outras do mesmo tipo «renden homenaxe a ese gran traballo que se facía no rural para a produción do viño, motor económico do noso territorio, e poñen en valor a identidade e a esencia do que somos«, destacou Fernández, quen felicitou á alcaldesa por impulsar este tipo de actividades.
Villarino, por outra banda, tamén tivo palabras de agradecemento para o Inorde polo seu apoio a esta iniciativa, porque «as uvas que imos pisar e a prensar proceden da viña experimental que ten este organismo provincial dentro da D.O. Monterrei, reservándonos 800 quilos deste froito de viño branco de diferentes variedades da nosa denominación».
Oímbra retrocederá ó medievo para rememorar a súa tradición e historia con esta recreación no lagar de Xan Preto. «Nesa época, os pequenos viticultores facían o viño entre as viñas, e non nas adegas como se fai agora«, apuntou Fernández. Por iso, o municipio irá catro séculos cara atrás para recrear o pisado de uvas que «caracterizou a economía do seu momento, basada fundamentalmente no sector vitivinícola«, engadiu o presidente do Inorde.
Oímbra é o concello de Galicia con maior concentración de lagares rupestres, demostrando que xa era unha potencia vitivinícola moitos séculos atrás» (Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra)
A actividade terá como escenario o concello de Oímbra, que aglutina «patrimonio, viño e cultura, onde xa hai máis de 2.000 anos producía nos seus lagares rupestres, que volven a recuperar o protagonismo daquela época«, rematou Fernández. A alcaldesa quixo destacar os seus números, xa que Oímbra é «o concello de Galicia con maior concentración de lagares rupestres, temos inventariados máis de 30, pero continúan a aparecer outras estructuras«. Isto amosa que o municipio xa era «unha potencia vitivinícola moitos séculos atrás«. Nestes intres, contan con 8 das 28 adegas comerciais da D.O. Monterrei, onde unha delas produce «o mellor tinto deste ano da denominación«.
O domingo daráselle pulo ao binomio de patrimonio e viticultura en Oímbra. «Temos un produto de calidade ó que, se lle damos un valor engadido de carácter patrimonial, poderemos comercializado mellor«, afirmou Villarino sobre esta recreación que se fixo por primeira vez no 2018. Despois do prensado en Xan Preto, o mosto trasportarase a adega-lagar As Barrocas, de comezos do século XVIII. Como novidade deste ano, a través dun programa do Xacobeo «teremos o de moverse na lingua na raia, porque Oímbra é un concello raioto e, por iso, tamén pertencemos á Asociación de Lagares Rupestres de Valpaços”, explicou a rexedora.
