
Cursos gratuitos para maiores de 55 anos «uso dos teléfonos móbiles actuais»
08/10/2021
En marcha o Plan Municipal de Abastecemento Autónomo de Oímbra
20/10/2021O proxecto forma parte do Plan Marco da Consellería do Medio Rural
O Concello de Oímbra segue traballando no acondicionamento das súas zonas rurais. Despois de rematar as obras de mellora da accesibilidade en San Cibrao, o grupo de goberno iniciou hai uns días unha actuación para rehabilitar o acceso de camiños rurais a parcelas, dentro do Plan Marco da Consellería do Medio Rural.
Esta obra divídese en dúas pagas anuais e ten un orzamento de 20.000 euros. A primeira fase -estase executando- está no Rosal, un proxecto que estará rematado esta semana. A segunda parte do proxecto será en Oímbra e, segundo a rexedora municipal, Ana Villarino, comezará «unha vez pasadas as primeiras etapas de xustificación».
Pola súa banda, o Concello traballa simultaneamente noutras dúas obras. Unha en Rabal, para a renovación do abastecemento e saneamento, ademais da mellora da súa avenida principal, por valor de 40.000 euros. E outra na entrada de Videferre, dentro do Plan Hurbe do Ministerio de Medio Ambiente, que ascende a 48 mil euros.