
Oímbra analiza propuestas de mejora para el abastecimiento autónomo
13/09/2022
Recreación do prensado nos Lagares Rupestres.
03/10/2022A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, entregou o premio á gañadora do concurso da Feira do Pemento deste ano. A fotografía de Patricia Rodríguez foi a que conseguiu máis «me gusta» nas redes sociais -171- e por iso resultou como gañadora deste certame, impulsado en paralelo á festa gastronómica.
Rodríguez recibiu unha cesta chea de produtos locais onde non faltaron viños da D.O. Monterrei e tamén os pementos de Oímbra. O concurso buscaba a imaxe que conseguise máis «me gusta» na redes co cancelo #pementodeoimbra e Rodríguez conseguiuna. A premiada inspirouse na lacra dos lumes, que tanto afectou ós montes de Oímbra este verán. Entre as cinsas negras, unha cesta chea de pementos verdes destacan para dar cor a todo o que os incendios estragaron.
A autora da imaxe publicouna en Facebook acompañada do texto «Non ao lume. Sí ás paisaxes da cor dos pementos de Oímbra». Ademais, Villarino quixo agradecer tamén a todas as persoas que participaron compartindo unha foto, onde o pemento de Oímbra tiña que ser o protagonista, neste concurso que cada ano se afianza máis.
