
Axudas adquisiciòn de libros e material escolar para o Curso 2021-2022
02/09/2021
Rabal mellora os servizos de abastecemento
10/09/2021O Concello de Oímbra pon novamente en marcha durante o curso 21/22 o programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo denominado:“ ALMORZOS SAUDABLES”.
Conscientes da problemática que supón en moitas familias os distintos horarios de pais e fillos/as á hora de comezar a xornada laboral e escolar; preténdese, por unha banda, artellar un soporte para a conciliación da vida laboral e familiar, e por outra, motivar o desenvolvemento de estilos de vida saudables entre os nosos nenos/as, así coma optimizar os tempos extraescolares para o desenvolvemento de habilidades e capacidades de cara á consecución dunha mellora no éxito escolar.
O programa non terá custo algún para os alumnos/as empadroados.
DISTRIBUCIÓNS DAS ACTIVIDADES
8:00h .- Benvida, acollida e control de todos/as os alumnos/as á entrada do centro. Almorzo san, equilibrado e acorde ao gasto enerxético que os alumnos/as necesitan nun día escolar (zumes, froita, leite, cacao, pan, aceite, galletas, etc… ).
9:15h .- Programa de actividades non regradas, de habilidades sociais, integración co entorno, ( lecturas, realización de tarefas escolares, xogos de mesa…), sempre dentro do seu grupo de convivencia estable.
Acompañamento dos alumnos/as ata a entrada á aula.
A ACTIVIDADE LEVARASE A CABO CONFORME UN PROTOCOLO, INTEGRADO NO PLAN DE ADAPTACIÓN COVID 19 DO CEIP DE OÍMBRA¡!