
Oímbra potencia el atractivo turístico de su patrimonio vitivinícola
07/04/2026O Concello de Oímbra busca axudar aos seus veciños para poñer en valor as vivendas en desuso e descubran as subvencións e axudas das que dispoñen para a súa rehabilitación
Oímbra comeza a implementar as primeiras accións prácticas do proxecto Re-Habita Rural Lab, no que participa xunto aos concellos de Boborás, Coles, Esgos, Porqueira, Vilariño de Conso, San Xoán de Río, Taboadela e Xunqueira de Espadanedo, coa creación dun servizo municipal de asesoramento especializado para rehabilitación e posta en uso de vivendas particulares.
O servizo axudará aos propietarios a recuperar vivendas en desuso e poñelas en valor, “dar vida ás vivendas baleiras”, apunta a alcaldesa, Ana María Villarino. A primeira xornada de atención ao público terá lugar no Concello o mércores, 22 de abril, de 09,30 a 14,00 horas. Os interesados recibirán información sobre as subvencións dispoñibles e os requisitos técnicos urbanísticos ou administrativos que deben cumprir para levar a cabo as rehabilitacións.
Esta iniciativa de recuperación de vivendas no rural para o mercado do alugueiro conta cunha subvención de 260.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. A meta fixada polos concellos participantes é habilitar unhas 200 vivendas nun período de dous anos.




