
Non perdas a mochila, Ruta Mulleres nos Lagares Rupestres
03/05/2022
Explotación do Bar-Quiosco das Piscinas Públicas de Oímbra.
18/05/2022Centos de libros estarán a disposición, hoxe e os días 18, 19 e 20 de maio, na casa consistorial de Oímbra, para agasallar a veciños e visitantes con motivo da celebración do Día das Letras do 2022.
En horario de mañán ata a peche da instalación municipal, os que así o desexen pódense achegar para retirar o seu obsequio. Ana Villarino repite iniciativa «non só polo grande éxito das anteriores, senón porque teño o convencimento de que o mellor xeito de festexar unha data tan importante para os galegos non é outro que agasallando cultura«, apuntou a rexedora.