PROGRAMA DE ACTOS XXIX Feira do Pemento Oimbra 2026

XXIX Feira do Pemento · Oímbra · 2 de agosto de 2026

11:00 – 14:00
Animación musical.
12:00
Exposición de Pratos de Cociña (o ingrediente principal será o Pemento). Publicarase un receitario con todas as receitas participantes. Non esquezas recoller o Receitario do ano anterior!
14:00
Comida Popular. Entradas á venda en 
  • Bares do Concello de Oímbra.
  • Concello de Oímbra.
  • Borys Martínez Fotografía (Verín).
  • Libraría Pica-Pica (Verín).
15:00 – 20:00
Actuación musical a cargo da Charanga Támega.
21:00
Concerto de Rosa Cedrón Entrada gratis
Durante todo o día: stands de pementos, maquinaria agrícola e artesanía · hinchables gratis para os/as nenos/as · degustación gratuíta de pementos.

VÉN A OIMBRA · NON O ESQUECERÁS

No Concello de Oímbra, os productos de horta e, especialmente, os pementos, constitúen un alimento natural de excelente calidade e son un elemento básico na nosa economía.

Dende o Concello de Oímbra queremos potenciar esta máxima e que as xentes da xeografía galega, e do resto do país, poñan a funcionar a súa imaxinación e vexan nos pementos un elemento básico na súa alimentación.

Se o conseguimos, potenciaremos máis a economía dos nosos habitantes e, así mesmo, mellorar a calidade de vida de oimbranos e foráneos.

Coa visibilización e divulgación dos pementos, a agricultura de Oímbra ten que camiñar cara á transformación destes productos, para que a curto e medio prazo o valor engadido dos nosos esforzos repercuta na nosa economía.

Temos que aproveitar a vantaxe que supón ter nome propio, Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, para posicionarnos nos mercados e participar activamente nos ciclos económicos.

O domingo 2 de agosto Oímbra será un escaparate de productos diversos, onde os pementos serán os reis e as cebolas, os tomates, o viño, a maquinaria agrícola, a artesanía popular… estarán acompañándoos, para facelos, se cabe, aínda máis atractivos.