PROGRAMA DE ACTOS XXVIII Feira do Pemento Oimbra 2025
- 12.00 h.- Exposición de Pratos de Cociña (o ingrediente principal será o Pemento).
Publicarase un receitario con todas as
receitas participantes. Non esquezas recoller o Receitario do ano anterior! - De 12.00h. a 16.00h. actuación musical a cargo da
Charanga ACHICORIA
12.00h. Exposición Coches Antigos - 14.00 h.- Comida Popular.
- 16.00 a 19.00h. Diversión co Toro Mecánico
- 21.00 h.- Concerto de A Roda (Entrada gratuita)
Durante todo o día haberá:
Stands diversos nos que se expoñerán
Pementos, Maquinaria Agrícola e productos de artesanía.
HINCHABLES gratis para os/as nenos/as.
Degustación gratuita de Pementos ao longo de todo o día.

No Concello de Oímbra, os productos de horta e, especialmente, os pementos, representan un alimento natural de excelente calidade e son un elemento básico na nosa economía.
Dende o Concello de Oímbra queremos potenciar esta máxima e que as xentes da xeografía galega, e do resto do país, poñan a funcionar a súa imaxinación e vexan nos pementos un elemento básico na súa alimentación.
Se conseguimos isto, conseguiremos potenciar a economía dos nosos habitantes e, así mesmo, mellora-la calidade de vida de Oimbranos e foráneos.
Coa potenciación e divulgación dos pementos, a agricultura de Oímbra ten que camiñar cara a transformación destes productos, para que a curtomedio prazo o valor engadido dos nosos esforzos repercuta na nosa economía.
Temos que aproveitar a vantaxe que supón ter nome propio, Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, para posicionarnos nos mercados e participar activamente nos ciclos económicos.
O Domingo e de Agosto Oímbra será un escaparate de productos diversos, donde os pementos serán os reis e, as cebolas, os tomates, o viño, a maquinaria agrícola, a artesanía popular ... , estarán acompañándoos, para facelos, se cabe aínda, máis atractivos.
