
Un pisado y prensado cargado, como «Manolito», de novedades
14/10/2024
Proxecto senlleiro de renovación de cubricón de cuberta e restauración de muros do local social de San Cibrao
14/11/2024O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución pola cal se aproba o polígono agroforestal de Oímbra e os pregos para regular o procedemento de concorrencia para a selección de propostas para levar a cabo nas súas parcelas.
Este polígono, situado na provincia de Ourense, foi desenvolvido ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, e abrangue unha superficie de 21,76 hectáreas, distribuídas en 64 parcelas de 115 propietarios. Terá como actividade principal os cultivos leñosos, mentres que como actividade secundaria establece os cultivos agrícolas de ciclo curto e a gandaría en extensivo.
As persoas interesadas en alugar ou comprar unha parcela deberán cumprir unha serie de requisitos de participación, o que inclúe os criterios de solvencia económica, técnica e profesional e as garantías que deban constituírse para asegurar o mantemento da proposta presentada, así como os criterios de avaliación que permitan seleccionar as mellores propostas presentadas e as obrigas que deban cumprir os participantes e adxudicatarios.
Prezos
Para a venda, o prezo medio fixado pola Administración é duns 3 euros o metro cadrado. No caso do alugueiro, o prezo mínimo de arrendamento por lote ascende a 669,20 €/ano, sendo só un dos seis lotes habilitados os que se adicarán a esta fórmula de explotación.
Os lotes fixados para a venda son cinco, coas seguintes superficies: 55.436, 43.332, 24.494, 20.030 e 31.466 metros cadrados, que deberán de ser adquiridos íntegramente, aínda que se permite a concorrencia de varias persoas para un mesmo lote.
No caso do adicado ao alugueiro, a superficie habilitada é de 26.243 metros cadrados.
O período habilitado para a presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir de mañá, día seguinte á publicación desta resolución no DOG, polo que finalizará o 26 de novembro. As propostas poderán presentarse a través da sede electrónica da Xunta.
A maiores dos polígonos agroforestais e as aldeas modelo, a Lei de recuperación da terra agraria conta con outros instrumentos de mobilización, como as agrupacións forestais de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario. Ademais, a estas ferramentas súmanse as reestruturacións e concentracións parcelarias, das cales se axilizarán os procesos, que chegan a máis de 100.000 hectáreas no conxunto de Galicia.




