
Cabalgata Reis Oímbra 2025
02/01/2025
Plan medidas antifraude Concello de Oímbra
28/01/2025O concello oimbrao prepárase para iniciar o vindeiro luns, 3 de febreiro, o seu centro de capacitación dixital, cunha aula itinerante que percorrerá os centros sociais de tódolos núcleos nos próximos meses
Esta formación de balde está dirixida a todos os que desexen adquirir ou mellorar as súas capacidades dixitais, en internet, teléfonos móbiles ou redes sociais.
Primeiro terá lugar na aula dixital da cámara agraria de Oímbra, de 15,30 a 17,30 horas, e no centro social do Rosal, de 18,00 a 20,00 horas.
A formación impartirase os luns, mércores e venres ata o 17 de marzo, un total de 30 horas. Para inscribirse cómpre chamar ao 988 426 160 ou no Concello, e o prazo remata este xoves.
En marzo será o turno de Casas dos Montes e Bousés, en maio de Videferre e Espiño, en xuño das Chás e da Granxa e en agosto, de San Cibrao e Rabal. Esta iniciativa pertence á rede estatal de capacitación dixital do Ministerio de Educación.




