
Bando «Libros e Material escolar»
02/09/2025
Oímbra y sus lagares: las imágenes de una vuelta atrás cuatro siglos en dos horas
13/10/2025O Concello de Oímbra abriu unha nova convocatoria de axudas económicas para as familias do municipio, co obxectivo de sufragar os gastos derivados da adquisición de libros e material escolar para o curso 2025-2026. Esta iniciativa busca dar un impulso á educación no rural, cunha aposta clara polo futuro da súa poboación máis nova.
A convocatoria está dirixida a familias empadroadas no concello con alumnado matriculado en Educación Infantil e Primaria no CEIP de Oímbra, e en ESO nos centros educativos da comarca. A axuda, que se aboará mediante transferencia bancaria, non superará os 60€ por neno/a e en ningún caso superará o 100% do gasto xustificado. O prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto, dende o 9 de setembro e ata o 24 de outubro de 2025; a resolución publicarase antes do 30 de novembro.
Para optar a esta subvención, o solicitante, xa sexa o pai, a nai ou o titor/a, debe estar empadroado no Concello de Oímbra xunto co alumno ou a alumna. A iniciativa conta cun orzamento total de 5.000€, unha medida de gran relevancia nun municipio cunha poboación total de 1707 persoas, con 120 menores de 14 anos segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do 2024. Este ano, o CEIP de Oímbra aumentou a matrícula e conta con 65 alumnos.




