
A Feira do Pemento de Oímbra celebra as súas vodas de prata por todo o alto
09/08/2022
Oímbra abre o prazo para solicitar axudas de libros e material escolar
12/09/2022Tras facer parada na aldea de Medeiros (Monterrei) e Laza, o servizo “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia continúa percorrendo a comarca e permanecerá este martes e mércores en Oímbra, diante da casa consistorial. Este servizo ofrece consultas de audioloxía, estimulación cognitiva e podoloxía para persoas maiores de 55 anos, unha atención personalizada e de carácter gratuíto.
Tras estar toda a xornada en Oímbra, o camión de “Coidados porta a porta” viaxará ao Concello de Castrelo do Val durante os días 24, 25 e 26 de agosto e localizarase na rúa do Toural ao carón do centro de saúde. Para rematar o mes, este servizo fará parada tamén no Riós, durante os días 29, 30 e 31 de agosto.
Este programa é un servizo asistencial que trata de prever a dependencia das persoas maiores que viven no rural. Para acudir a unha cita é obrigatorio pedir cita previa a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ou a través dos números de teléfono 622 748 283 e 623 546 992.