
Oímbra pisará en su lagar rupestre unos 600 kilos de uva
20/09/2023
A uva, símbolo de unión en Oímbra
25/09/2023Un ano máis, o Concello de Oímbra organiza unha xornada para recrear unha das tarefas máis tradicionais na vendima: o pisado das uvas. Sendo como é o territorio galego con maior número de lagares rupestres, a festa do pisado realizarase no de Xan Preto para, con posterioridade, trasladar o mosto á Adega – Lagar As Barrocas, elemento patrimonial do século XVIII recuperado.
Oímbra conta con máis de 30 lagares rupestres inventariados e seguen aparecendo estruturas que subliñan a importancia da viticultura nestas terras dende hai máis de 2000 anos. Motivo polo que dende o Concello se decidiu recuperar o prensado da uva nos lagares de pedra no 2018 organizando unha xornada para pór en valor ista tradición.
Este ano, a actividade celebrarase o vindeiro domingo 24 de setembro a partir das 12 horas. En palabras de Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra: «Unha experiencia única«.