
A Xunta de Galicia financiou as obras de reconstrución da Capela de Santa Ana de Oímbra, logo de resultar devastada polo lume
31/07/2023
Xa tedes lista a vosa mellor foto para o concurso da feira do Pemento de Oímbra?
31/07/2023Entrevista en profundidade a Ana Villarino cando comeza o seu terceiro mandato ao fronte do Concello de Oímbra
Ana Villarino comeza o seu terceiro mandato ao fronte do Concello de Oímbra, polo Partido Popular, reforzando a súa maioría absoluta. Gobernará con oito edís populares, fronte a unha concelleira do BNG.
Como acolleu os resultado?
Con moita satisfacción e responsabilidade, á vez. Satisfacción porque os veciños valoraron moi positivamente o traballo realizado nestes últimos oito anos e responsabilidade porque ese caudal de confianza que depositaron responderémolo con traballo e estando sempre cerca deles, escoitándoos para poder dar resposta ás necesidades.
Mellorou resultados, só cunha persoa na oposición.
En 2015 fun elixida por primeira vez alcaldesa e tiña catro concelleiros na oposición. En 2019 tiven dous edís na oposición e, agora, teño unha concelleira na oposición. O trato será como ata agora, co máximo respecto e institucionalidade, escoitando todo aquelo que teñan que dicirme, coa man tendida sempre.
Cales son as claves para obter unha maioría tan aplastante?
A dedicación aos veciños e tratar de buscar os mellores servizos para que a veciñanza sinta que vive no mellor lugar. Eu creo que vivir a realidade do noso Concello, o día a día, ver as oportunidades que podemos ter e facer todo o traballo necesario para conseguilo son clave.
E os obxectivos para estes catro anos?
Dinamizar o terreo non traballado con novos polígonos agrarios, apostando por un concello máis produtivo, verde e sostible. Atraer a instalación de empresas, potenciar ferramentas para a recuperación de vivendas, potenciar os servizos de atención ás persoas, optimizar a xestión da auga e do saneamento, avanzar na dixitalización, mellorar as instalacións deportivas e continuar humanizando os nosos pobos.
O Concello suma novos veciños. Cal é o segredo para loitar contra a despoboación?
A xente ve que Oímbra é un Concello con moitos servizos e infraestruturas, un concello para traballar e vivir con todas as comunicacións. Un concello que facilita o día a día dos veciños con servizos públicos como a escola infantil, o centro de día, conciliación, infraestruturas tecnolóxicas, axudas de diferente índole, servizos para o lecer… E poñemos as bases para dinamizar a economía local.