PROGRAMA DE ACTOS XXIX Feira do Pemento Oimbra 2026
XXIX Feira do Pemento · Oímbra · 2 de agosto de 2026
- 11:00 – 14:00
- Animación musical.
- 12:00
- Exposición de Pratos de Cociña (o ingrediente principal será o Pemento). Publicarase un receitario con todas as receitas participantes. Non esquezas recoller o Receitario do ano anterior!
- 14:00
- Comida Popular. Entradas á venda en
- Bares do Concello de Oímbra.
- Concello de Oímbra.
- Borys Martínez Fotografía (Verín).
- Libraría Pica-Pica (Verín).
- 15:00 – 20:00
- Actuación musical a cargo da Charanga Támega.
- 21:00
- Concerto de Rosa Cedrón Entrada gratis
VÉN A OIMBRA · NON O ESQUECERÁS
No Concello de Oímbra, os productos de horta e, especialmente, os pementos, constitúen un alimento natural de excelente calidade e son un elemento básico na nosa economía.
Dende o Concello de Oímbra queremos potenciar esta máxima e que as xentes da xeografía galega, e do resto do país, poñan a funcionar a súa imaxinación e vexan nos pementos un elemento básico na súa alimentación.
Se o conseguimos, potenciaremos máis a economía dos nosos habitantes e, así mesmo, mellorar a calidade de vida de oimbranos e foráneos.
Coa visibilización e divulgación dos pementos, a agricultura de Oímbra ten que camiñar cara á transformación destes productos, para que a curto e medio prazo o valor engadido dos nosos esforzos repercuta na nosa economía.
Temos que aproveitar a vantaxe que supón ter nome propio, Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, para posicionarnos nos mercados e participar activamente nos ciclos económicos.
O domingo 2 de agosto Oímbra será un escaparate de productos diversos, onde os pementos serán os reis e as cebolas, os tomates, o viño, a maquinaria agrícola, a artesanía popular… estarán acompañándoos, para facelos, se cabe, aínda máis atractivos.


